Novas

  

O BNG DE FOZ RECLAMA O XERIATRICO E ACUSA AO PP NA XUNTA DE SECTARISMO POLÍTICO

Foz, 7 de febreiro de 2011.- Foz, 7 de febreiro de 2011.- O BNG ten que manifestar o seu rexeitamento ao trato discriminatorio que a Xunta de Galiza está facendo con Foz no que respecta á dotación da Residencia da Terceira Idade e do Centro de Día. A pregunta é clara e obvia: ¿porque só Foz necesita un estudo para dotala dunha Residencia mentres as demais localidades non? A única razón que pode haber para este trato tan dispar entre localidades da Mariña non é outra que o sectarismo político, posto que todas estas localidades están gobernadas polo PP e Foz non. [+]


O BNG DE FOZ CONSIDERA QUE AS DIRECTRICES DO TERRITORIO CASTIGAN A FOZ RELEGANDOO A UN PAPEL SECUNDARIO E HIPOTECANDO O SEU FUTURO

Foz, 21 decembro de 2010.- O Bloque Nacionalista Galego critica duramente o trato discriminatorio e prexudicial que a Xunta lle da ao Concello de Foz nas Directrices do Territorio, aprobadas provisionalmente o día 16 deste mes polo Consello da Xunta e publicado no DOG do día 20. O BNG lamenta que a Xunta non aceptara ningunha das alegacións que a Corporación de Foz, coa unanimidade de todos os grupos (incluído o propio PP), lle fixera ás Directrices. Ditas alegacións centrábanse principalmente en que Foz fora considerada cabeceira do sistema urbano intermedio e que se recoñeceran os Núcleos de Identidade Litoral que non aparecían no documento inicial. [+]


O BNG denuncia que o PP continúa a marxinar e a castigar a Foz votando no Parlamento contra o Centro de Día e a Residencia.

Foz, 9 de decembro de 2010.- O Bloque Nacionalista Galego denunciou hoxe que na sesión da comisión 5º do parlamento de Galiza, isto é da Comisión de Traballo e de Benestar Social, o Partido popular votou en dúas ocasións contra a construción dun Centro de Día e dunha Residencia da Terceira Idade en Foz tal como se solicitaba en dúas emendas unha presentadas polo BNG e polo Partido Socialista. Segundo explicou o Portavoz nacionalista, Xoán Carlos González Basanta “a proposta do BNG non pretendía outra cousa que facer efectivo o acordo adoptado por unanimidade polo conxunto dos grupos da Corporación de Foz que demandaban que nos orzamentos de 2011 se recollese unha cantidade de diñeiro que posibilitase a a licitación da obra en 2011 e o seu remate no horizonte do 2013”. [+]


O BNG DE FOZ INICIA A CAMPAÑA “FOZ NON SE MERECE ISTO” PARA DENUNCIAR O ABANDONO DO CONCELLO

Foz, a 4 de decembro de 2010.- O BNG iniciou este sábado unha campaña para denunciar o abandono do Concello por parte do Goberno Municipal que está chegando a unha situación de emerxencia en moitos aspectos.A campaña ven motivada fundamentalmente, como di o portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, porque o pobo de Foz atópase nestes momentos cun grupo de goberno totalmente afastado das demandas veciñais á hora de resolver os múltiples problemas que Foz ten e que fai oídos xordos das continuas advertencias sobre o mal estado do pobo.“O alcalde debe reaccionar xa e actuar para mellorar a imaxe actual de Foz. Non se pode pedir a colaboración dos veciños cando o goberno é o primeiro que non cumpre co seu deber” afirma Basanta. [+]


A CORPORACIÓN DE FOZ DENUNCIA E CONDENA AS ACCIÓNS DO REINO DE MARROCOS CONTRA O POBO SAHARAUI E DEFENDE A SÚA AUTODETERMINACIÓN

Foz, 27 de novembro de 2010.- A Corporación en Pleno do día 25 de novembro acordou condenar a invasión por parte do Reino de Marrocos do campamento saharauí de Agadym Iciq, brindando o seu apoio ao pobo saharaui e defendendo a súa soberanía nacional e a súa autodeterminación. [+]


O BNG DE FOZ VE NECESARIO AMPLIAR A ESCOLA INFANTIL DE FOZ

Foz a 27 de outubro de 2010.- O BNG solicita do Concello e da Xunta de Galiza que se poñan de acordo en ampliar o número de prazas da Escola Infantíl de Foz. Para o BNG, isto sería posible con unhas obras de acondicionamento e mellora da actual Galescola que non suporían demasiados custes. [+]