O poder central ameaza con asaltar o aforro das galegas e dos galegos
De o facer, estaría a perpetrar un asalto en toda regra ao sistema financeiro do noso País. Estaría, ademais, a consumar unha nova agresión ao autogoberno de Galiza. En palabras do portavoz nacional, Guillerme Vázquez, no fundo o que se agacha é a estratexia do Goberno español de “espoliar” o aforro galego e de “drenalo” cara a outros territorios.