Moción presentada polo BNG "Para solución do aparcamento en Foz en 2008"
Esta moción foi presentada polo BNG en Maio do 2008 co obxetivo de reactivar económica e socialmente a "praza Rosalia de Castro", mais tamén para dar solución ao problema existente no concello de Foz de falta de aparcamento, sobre todo no verán. No pleno do 29 de maio de 2008 foi rechazada polos votos en contra do PSOE e do PP, alegando os primeiros "que xa existen zonas de aparcamento na zona" e os segundos " que o Campo da Cabana non é o lugar máis idóneo para a realización desta actuación".