O BNG PIDELLE VALOR A BALSEIRO PARA VOTAR NO PARLAMENTO A FAVOR DA CONTRUCCIÓN DA RESIDENCIA DE FOZ
A nova residencia e o centro de día é algo de todos
O BNG volve a chamar á unidade de todas as forzas políticas e sociais nesta reivindicación e anímaas a non parar ata conseguilo. “A concentración de hoxe foi unha acción máis cara o fin que todos desexamos que é ver as portas abertas da Residencia e do Centro de Día” afirma o BNG. Esto significaría non só un ben para todos os nosos maiores senón moitos postos de traballo nun momento onde o paro é un problema principalmente na nosa comarca.
O BNG ve incomprensible que Foz non conte actualmente cunha Residencia e cun Centro de Día, cando outras localidades de menos peso xa o teñen desde hai anos. Segundo o portavoz municipal nacionalista, Xan Carlos González Basanta “Foz é a única poboación da Mariña de certa importancia que está sen Centro de Día, todas as demais o teñen, e isto é un agravio comparativo dificilmente sostible”. Por eso, que esta inxustiza non pode demorarse máis no tempo e está nas mans do PP na Xunta para que se faga realidade un servizo básico que por outra parte non só sería para os focegos senón para todos os mariñáns.
Por eso, o BNG de Foz pídelle valor ao deputado autonómico do PP pola Mariña, o Sr. Balseiro, para apoiar esta iniciativa e votar a favor da construcción da Residencia no horizonte do 2013 así como incluír nos Orzamentos da Xunta do 2011 unha partida suficiente para iniciar o proxecto desta obra fundamental, non só para Foz senón para toda a Mariña. Para Basanta “na man de Balseiro está que a Residencia de Foz sexa unha realidade e espero que non defraude aos focegos e aos mariñáns cando teña que dar o seu voto”.