O CONCELLO DE FOZ APROBA UNHA MOCIÓN DO BNG PARA APOIAR AOS AUTÓNOMOS DA MARIÑA
Grupo Municipal
A este respecto folga dicir que a crise cebouse de xeito moi particular con este colectivo, destacando a desaparición do emprego no sector comercial e da hostalería como consecuencia da caída do consumo, así como aquelas persoas que desenvolvían a súa actividade en ocupación relacionadas co sector da construcción e da promoción inmobiliaria. Agora ben, con independencia dos factores vinculados a sobreproducción, a razón central que explica estes dados é os problemas de liquidez que tiveron que enfrontar os autónomos ao cortarse a billa do crédito e non responder os organismos públicos a resolver esta situación para xerar circulante que permitise que a actividade continuase. Mesmamente hai que ter en conta que o cese da actividade dáse tamén en negocios que mesmamente sendo rendibles non poden facer fronte aos problemas de financiamento.
Aínda así seguemos a estar diante dunha actividade vizosa tanto no que ten a ver coa man de obra ocupada como no que representa no PIB da Provincia. Só no caso do sector comercial e da hostalería o número de establecementos supera os 10.000 en Lugo representando máis do 15% do PIB do noso territorio. Neste sentido hai que ter en conta que a día de hoxe no réxime especial de autónomos en Lugo seguen rexistrados preto de 20.000 persoas que están a atravesar unha situación de fonda dificultade até o punto que de non mediar unha actuación decidida por parte das administracións poderían correr a mesma sorte daquelas 6.000 persoas aos que nos referíamos no primeiro parágrafo.
O Bloque Nacionalista Galego partindo de que é a Xunta de Galiza, quen ten as competencias plenas en materia de comercio e de hostalería e que a súa vez conta con instrumentos financeiros que permiten bombear crédito ao tecido productivo, demanda un cambio de actitude por parte da mesma de apoio ao sector dos autónomos. Asemade consideramos fundamental que no seu ámbito competencial é necesario tamén que cumpra e obrigue ao cumprimento do establecido na lexislación , no referido ao cumprimento do prazo dos pagos a fin de quen os autónomos non operen como auténticas financeiras e as administracións públicas e a propia empresa privada lle transfira a estes a súa falta de liquidez.