O BNG DE FOZ RATIFICASE NO REXEITAMENTO AO POL DESPOIS DA ENTREVISTA CON BOROBIO
Imaxe da afectación do POL en Foz
O que si quedou claro por parte do Director Xeral é a pretensión de non deixar desenvolver os solo urbanizables: con moita dificultade o de Folgueiras e practicamente imposible o de Tras As Torres-Llas. Respecto a este último a única posibilidade de desenvolvemento que a Consellaría deixou aberta sería a nivel de fachada e baixo condicións estrictas, é dicir, só se poderían desenvolver unha pequena parte: aqueles terreos máis próximos á Rúa Corporacións, á Rúa Atalaia ou á Rúa Pintor Laxeiro pero nunca toda a bolsa de solo urbanizable. Basanta opina que “quedou claro que a idea do PP desde á Consellaría é que Foz medre exclusivamente cara o Bispo Santo, cousa que por outra parte é unha das razón polas que nós rexeitamos esta plan.” Desta maneira, o nivel de afección desde a costa nesta zona será de máis de 500 metros. O BNG estaba no certo cando afirmaba que nas áreas de mellora ambiental practicamente non se podería facer nada e o propio Borobio cualificou a esta área como de protección.
A idea da Consellaría é como o BNG xa ten informado aos veciños durante as charlas aprobar este plan inicialmente o día 15 de maio, día en que remata a moratoria de suspensión de licenzas para aqueles concellos que non teñen adaptado o planeamento á Lei de Solo, como ocorre con Foz. Polo tanto, está clara que a intención da Consellaría é continuar con esta plan a toda costa e non a de tomar en conta a realidade do país. Basanta deixa claro que “con esta Plan avalase o urbanismo á carta que se fixo nos últimos anos e prexudicase aos que só pretenden facer unha vivenda para vivir”.