O INFORME DOS REDACTORES DO PXOM COINCIDE CO BNG NAS VALORACIÓNS SOBRE O POL
O POL non recoñece os núcleos tradicionais do Concello
Así mesmo, coinciden co BNG en que o PP, con este plan, está condenando a Foz a a medrar urbanisticamente cara o monte obviando ou descoñecendo o asentamento tradicional costeiro da poboación. Neste sentido, advirten os redactores da contradicción que supón que “por unha banda na área de mellora ambiental e paixística se pide favorecer a concentración fronte a dispersión, e por outra se restrinxen os desenvolvementos urbanísticos remitíndoos ás áreas de ordenación, en case que todos os casos completamente desconectados das áreas urbanas e de forte impacto paisaxístico ao constituír o telón de fundo”. Tamén existen, segundo os técnicos, contradiccións entre as determinacións da Lei do Solo e o POL, pois “mentres este último contempla o desenvolvemento urbanístico asociado aos núcleos tradicionais, a primeira os restrinxe coa súa clasificación como núcleo rural tradicional”.
Finalmente destacar o que o BNG ven afirmando desde que se coñeceu o documento: que o POL está moi alonxado da realidade urbanística do Concello, ignorando realidades urbanas como Cangas, Fazouro, Nois, Vilaronte, Marzán ou Forxán que como os redactores do planeamento recoñecen son “verdadeiros núcleos de identidade do litoral e para o POL só son simplemente “novas agrupacións ou outros”, sen ningunha capacidade de desenvolvemento”.
A conclusión de todo esto é clara e contundente: que este POL non cumpre cos requisitos mínimos para pasar un exame ou en palabras da oficina redactora: “carece de determinacións básicas que poidan axudar a formalizar un período de consultas e máis dende a responsabilidade da administración autonómica no seu deseño”. En definitiva, este POL está condenado ao fracaso por non obedecer á realidade do Concello de Foz e de Galiza en canto á forma de poboar o territorio da súas xentes.