O BNG DENUNCIA O ABANDONO DO BARRIO DE FORXÁN
Estado no que se atopa a fonte pública
En segundo lugar, destacar o mal estado das estradas e das pistas. En varios lugares prodúcense inundacións de terreos e casas habitadas debido á falta de cunetas nas estradas. É significativo este problema na estrada que sube ao Bispo Santo, pero tamén en algunhas pistas de Palmiz. Como consecuencia, son os propios veciños quen desvían as augas facendo sucos provisionais para que a auga non lles inunden as propiedades. Este problema da ausencia de cunetas, xunto coa falta de limpeza das mesmas, tamén leva consigo que as pistas e estradas do Concello acaben deteriorándose de forma rápida pola acción da auga de chuvia sen canalizar.
Estas situacións, que se estenden a outras parroquias do concello de Foz, é debido principalmente ao desinterese ou incapacidade que o Goberno Municipal está demostrando á hora de resolver os problemas que os veciños teñen. A maiores, esta falta de iniciativa política é dobremente grave, porque ao BNG cónstalle que estes problemas foron xa postos en coñecemento da autoridade municipal polas asociacións veciñais, facéndolles pouco ou ningún caso.
Desde o BNG volvemos a reiterarlle ao goberno municipal que a acción principal do mesmo é resolver os problemas da xente e para iso é necesario en primeiro lugar ter vontade política. Por iso, pedimos que estes problemas denunciados sexan resoltos no máis breve prazo posible e cumprir así coas expectativas que dun ente municipal Concello se espera.