PARA O BNG A DIVISIÓN INTERNA DO GRUPO DE GOBERNO SOCIALISTA NON PODEN PAGALA OS VECIÑOS DE FOZ
¿Cal é o mar de fondo do cese de Xaime Cancio?
Preocúpalle ao BNG que as discrepancias que se viven dentro do partido socialista de Foz por motivo da “elección” ou “imposición” do candidato para as municipais próximas se trasladen á vida municipal desta forma e lle sirvan ao alcalde para acumular máis poder ou pretender perpetuarse nel, unha vez que xa anunciara que non volvería a presentarse ás eleccións. A gravidade desta forma de actuar é que non se pensa no interese xeral e na mellor xestión dos asuntos municipais senón só na comenencia persoal de cada un.
Diante de todos os casos que se viñeron producindo, por activa ou por pasiva, tanto no Partido Socialista –cese do tenente alcalde- como no Partido Popular –dimisións de dúas concelleiras e renuncia do seu cabeza de lista- o único partido que demostra unión e estabilidade, cun proxecto claro para Foz é o Bloque Nacionalista Galego. E precisamente iso é o que demandamos dos demais grupos políticos da corporación: que pensen máis nos veciños e no ben público que nos intereses particulares e partidistas de cadaquén.