PARA O BNG A MEMORIA ECONÓMICA DO PLAN XERAL NON É REALISTA
Grupo Municipal do BNG: María Xosé Alonso, Balbino Fernández e Xan Carlos G. Basanta
“Hai que ter en conta que dos 22.630.821,89 Euros corresponderíalle a aportación dos particulares 16.136.016,46 Euros, unha cantidade a todas luces excesiva se temos en conta que para traballos de urbanización en Solo Urbano non Consolidado e Solo de Núcleo Rural o Plan destine preto de 16.000.000 millóns de Euros. Isto é consecuencia que as promocións que se executaron nos últimos 20 anos e principalmente ao longo do ano 2006 non viñeron acompañados da asunción das cargas necesarias para poder levar adiante o proceso urbanizador” e en “ningún caso é admisíbel cargarlle os custes deste proceso as arcas municipais ou ao conxunto dos veciños que por unha ou outras razóns estiveron á marxe e non puideron participar dos beneficios do desenvolvemento urbanístico”.
Asemade, o BNG, considera que as cifras que se recollen tanto na ISA como na Memoria Económica do PXOM non son realistas posto que se está a falar de que os ingresos municipais van aumentar nun arredor dun 3,20% anual no periodo 2007-2014 fronte un aumento do gasto do 2,5%, ao que se sumaría unha inflación do 2,5% o que permitiría aumentar un crecemento anual acumulativo do Orzamento do 4,50% e xa que logo xerar un aforro neto no período neto 10.108,65 millóns de euros . “A propia realidade do exercicio do 2007 e 2008, e de xeito particular a liquidación anual e as liquidacións trimestrais destes exercicios, votan por terra as previsións que se recollen tanto no ISA como no PXOM, o que obriga necesariamente a modificar estas cantidades. Está claro que o Concello non pode facer fronte as obrigas que se fixan para el nestes documentos polo que é necesario revisar as cantidades fixadas.”, e no mesmo sentido "sería bo que o grupo de goberno nos dixese de onde pensa sacar o diñeiro que lle toca aportar” .
Na mesma liña os nacionalistas, denunciamos que o grupo de goberno pretende agochar esta información aos veciños e está a operar en relación co ISA co mesmo ocultismo que mantiveron no proceso de aprobación inicial do PXOM e na súa fase de alegacións. “Neste sentido, non deixa de ser curioso que teña que ser o BNG quen está informando aos veciños sobre a ISA “. Toda a información o BNG pona a disposición da cidadanía e pode consultarse na paxina web do BNG de Foz (www.bng-galiza.org/foz) ou nas asembleas informativas que están a realizar polos diferentes núcleos do Concello. O BNG mostrase moi satisfeito coa resposta dos veciños nas charlas celebradas ata agora lembrou que as próximas asembleas celebraranse o Martes 24 ás 20:30 en Cangas e Cordido e o Mércores 25 á mesma hora en Foz.