O BNG INSTA AO CONCELLO A CREAR UNHA FOTOTECA“ É necesario transmitir todo o noso acervo cultural ás xeracións futuras”
Mariñeiros de Foz
Desde o BNG vemos imprescindible este labor de recuperación e arquivo como unha forma de transmitir todo o noso acervo cultural, histórico e social ás xeracións futuras: formas de vida, acontecementos sociais e culturais, transformación urbanística, evolución da paisaxe, persoeiros destacados, etc.
A creación da fototeca levaría consigo outro tipo de medidas para a protección e difusión do patrimonio fotográfico como dotala dun banco de imaxes con fundos dixitalizados co obxecto de difundilos a través da páxina web do Concello, organizar un certame anual de fotografía sobre o Concello ou exposicións permanentes variadas.