O BNG desvela que a Xunta non podía abrir a gardería porque o Concello aínda non cedeu o local
Críticas xeneralizadas desatou en Foz a confirmación de que a gardería infantil non empezaría a funcionar co inicio do curso, demorándose a súa apertura polo menos ata o primeiro trimestre do próximo ano. Agora, o goberno socialista local propón ao pleno que ceda o local onde se situará a gardería. Iso permitiu ao BNG focense constatar que, ao non cumprir ese trámite, o Concello incumpría un dos apartados do convenio subscrito coa Xunta para dispor deguardería e, xa que logo, non podía abrirse.
González Basanta, concelleiro nacionalista en Foz, pregúntase «como se pode ser tan irresponsábe e solicitar a súa apertura cando ou Concello non cumpriu coa súa parte do compromiso». Visto o ocorrido, o Bloque di detecta «moitas dúbidas sobre a actuación do alcalde e as súas intencións» respecto da gardería infantil. Os nacionalistas sosteñen que para o alcalde e o goberno socialista focense «a apertura desta escola infantil nunca foi unha prioridade», polo cal pídelle «explicacións por esta falta de responsabilidade.
O alcalde repitiu en varias ocasións que non podía ceder o uso do inmoble ata que a Xunta llo mándase. Le a claúsula do Convenio e saca as túas propias conclusións.