O BNG denuncia que o PP continúa a marxinar e a castigar a Foz votando no Parlamento contra o Centro de Día e a Residencia.

A Residencia e o Centro de Día son dúas prioridades para Foz

“O PP volveu a fallarlle a Foz”“O PP volveu a fallarlle a Foz” en palabras de Basanta quen criticou que “os populares votan unha cousa en Foz e outra en Compostela o que evidencia que Foz non é unha prioridade para os populares e tamén a falta de peso político dos populares locais. O grupo parlamentario do PP volveu de novo a desautorizar ao PP de Foz e o que é máis grave todo iso co silencio dos populares locais que antepoñen os intereses dos seus mandamáis galegos aos intereses dos veciños de Foz”.

Basanta insistiu que o PP establece unha dobre vara de medir para os veciños de Foz negándolle servizos que implanta noutros Concellos. “Non é de recibo que a Conselleira de Traballo e Benestar a medio dun convenio a cargo de fundos do plano concertado asine un acordo co Concello de Cervo para a construción dunha residencia e que sen embargo poña en dúbida que Foz precise deste servizo. Esta claro que non é un problema de falta de dispoñibilidade orzamentaria, posto que para Cervo ou para Barreiros existe dotación, senón que estamos diante doutro caso de falta de vontade política que condena e discrimina aos veciños de Foz, en definitiva chove sobre mollado”, afirmou o portavoz Municipal dos nacionalistas.” Hoxe no Parlamento de Galiza o PP deixou claro a súa oposición a residencia e ao centro de dia de Foz, cando a Xunta xa dispón a día de hoxe dos terreos que no seu momento lle solicitou a Xunta bipartita, polo que despois de case dous anos, sen facer nada ao respecto parece obvio que é aos veciños de Foz aos que lles toca falar. É unha autentica tomadura de pelo, unha escusa para deixar a Foz sen este servizo que o PP afirme que se precisa un estudo para determinar a viabilidade da residencia cando no seu momento a Xunta de Galiza demandou uns terreos cunha condicións determinadas para un número de prazas e cando o propio Feijoo en campaña electoral comprometeu este servizo para os veciños de Foz” recalcou Basanta.

Os nacionalistas recordáronlle aos populares que o exercicio da acción de goberno require dar trigo e non predicar. “É unha broma de mal gosto que o PP de Foz formule grandes propostas para o futuro pero que na contra se negue a cumprir coas reivindicacións dos veciños de Foz, mesmo con aquelas que no seu momento apoiaron. Os militantes do PP de Foz calando e dando por boa que Foz non conte con este equipamento tan necesario semellan que non son veciños deste Concello e cando menos deberían explicar que ten Foz a diferencia doutros concellos para non contar con este servizo. Moito nos tememos que isto o que está a demostrar e que nin o PP de Galiza se toma en serio aos populares de Foz e que os populares de Foz andan a cousas ben distintas que a defender diante do seu partido os intereses dos veciños de Foz” afirmou Basanta que indicou que “é o momento que os focegos digamos non a discriminación pero tamén a resignación, posto que está en xogo servizos para os nosos maiores e emprego para a xente da vila”.

Xa por último Basanta anunciou que na vindeira semana o Parlamento de Galiza

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]