O BNG DE FOZ INICIA A CAMPAÑA “FOZ NON SE MERECE ISTO” PARA DENUNCIAR O ABANDONO DO CONCELLO
Pegatina na urbanización de Vialmar
Pero nos próximos días, o BNG anuncia que continuará coa campaña denunciando os pasos de peóns (perigosos e ilegais), o estado das urbanizacións paralizadas, os farois coas caixas eléctricas abertas co perigo que isto leva consigo, as marquesiñas rotas, os excrementos dos cans polas rúas, as baldosas rotas ou soltas das beirarrúas, a falta de limpeza do pobo, o mobiliario urbano en malas condicións, os contenedores sen limpar e sen suxeción, a limpeza das pistas nas parroquias, o estado da pista de skateboard e das pistas polideportivas das parroquias, o mal funcionamento do alumeado público, etc., etc, etc. Todo isto é un exemplo da situación dun pobo que merece moito máis por parte dos que gobernan o Concello e que “hai que sacarlle as cores, pois tristemente é a única forma de que actúen pois todas estas situacións xa foron sacadas á luz en múltiples ocasións”, comenta de forma contundente Basanta.
Así mesmo, se algún veciño ten algunha denuncia en particular que facer ou que xa lla comunicara ao Concello sen que este fixera nada pode dirixirse ao BNG para facela pública e poñer a correspondente pegatina no lugar en cuestión. Hai que dicir que unha vez que estas denuncias sexan tomadas en serio polo alcalde e se solucionen, entón será o propio BNG quen retirará a pegatina.
Esperamos pois que agora o goberno municipal tome boa nota e vaia solucionando cada unha das situacións denunciadas. Só así demostrará que está pola labor e non seguir como ata agora “pasando de todo”. Desde o BNG só queremos que Foz mellore porque cremos que Foz merece máis en canto a funcionamento dos servizos e en canto ao coidado xeral.