ENCONTRO DO PORTAVOZ NACIONAL COA ACTIVISTA SAARAUI AMINATOU HAIDAR
Imaxes do encontro do Portavoz Nacional do BNG coa activista do pobo saaraui, Aminatou Haidar. Dito encontro produciuse o pasado día 1 de decembro en Lanzarote para expresarlle a nosa solidariedade coa súa causa e a do seu pobo.
O Bloque Nacionalista Galego cualifica de “chapuza” a xestión do Goberno español no fallido retorno de Aminatou Haidar ao Sahara.