Novas
O BNG de Fisterra denuncia a persecución á que son sometidos os nosos mariñeiros
Nunha nota de prensa emitida a pasada semana, o candidato á alcaldía Modesto Fraga denuncia o nefasto trato que os mariñeiros están a recibir, situación máis triste tanto que estamos a falar do sector chave da nosa economía. [+]
O BNG REVELA A SÚA LISTA ELECTORAL
POLÍTICA LOCAL
Trátase dunha lista renovada, progresista e paritaria, con representantes dos diversos sectores productivos e sociais da vila.
NA IMAXE, de esquerda a dereita: Modesto Fraga, Germán Martínez, Xoán Silva, Mónica Góñez, Inés Estévez, Natalia Rodríguez, Zaira Trillo, Sandra Marcote, Yolanda López, Paulina Mouzo, Brandon Ruíz e José Ínsua. [+]
Éxito da charla sobre a pesca en Fisterra impartida polo BNG local
NOVAS BNG- A charla-coloquio, celebrada o pasado luns, contou coa participación principal de Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento Galego e responsable de pesca da formación frontista.
Falaron tamén Modesto Fraga (candidato á alcaldía) e Xan Carlos Sar (responsable local). O acto, levado a cabo no local do partido, contou coa asistencia e participación de numerosos fisterráns, a maioría relacionados co sector pesqueiro. [+]
O BNG informa ó sector pesqueiro de Fisterra
NOTA DE PRENSA: O BNG de Fisterra anima ó sector pesqueiro da localidade a que solicite as axudas polos desperfectos ocasionados polo temporal do pasado mes de novembro. As axudas inclúen tanto os danos ocasionados sobre as embarcacións, como sobre os que sufriron as artes de pesca, con contías que varían entre os 1.500 e os 8.000 euros.
"Sesión vermú"
O pasado luns, 31 de xaneiro, daba comezo a Operación Orquestra, un golpe do xulgado de Corcubión ás supostas actividades ilícitas dalgúns concellos da comarca, entre eles o de Fisterra. Na nosa vila, o número de detidos despois da operación ascendeu a tres, precisamente os integrantes da plana maior do Partido Popular de Fisterra e, polo tanto, do goberno. Despois de ter declarado no xulgado de Corcubión, os tres foron postos en liberdade con cargos e teñen a obriga de presentarse no xulgado de xeito quincenal á espera de que saia a sentenza. Están acusados de tráfico de influencias, suborno, prevaricación e falsificación documental. Ofrecemos aquí un breve percorrido polos acontecementos que, nesta última semana, fixeron tremer ó Concello de Fisterra.
(FOTO: La Voz de Galicia, 1-2-11) [+]
O BNG lamenta os escándalos urbanísticos do Concello de Fisterra
NOTA DE PRENSA:
A pasada semana, o candidato á alcaldía pola formación nacionalista denunciaba na prensa a situación urbanística da vila nun comunicado, que pasamos a reproducir na súa totalidade. [+]