O BNG desmonta as mentiras do Concello sobre a gardería municipal
NOTA DE PRENSA,MF.-
O pasado xoves, 14 de abril, o BNG de Fisterra rexistrou nas oficinas municipais unha solicitude para poder coñecer o proxecto de construción da futura escola infantil de Fisterra, enmarcada no Plan de Actuación Social Galicia 2010-2013 da Xunta de Galicia. Asemade, ese mesmo día enviamos unha nota informativa aos medios de comunicación na que se mencionaba este particular. catro días despois, hoxe luns, 18 de abril, o alcalde de Fisterra vén de convocar pola vía de urxencia un pleno extraordinario para mañá martes co propósito de proceder á desafectación dos terreos sobre os que se pretende construír a citada escola infantil da localidade. En consecuencia, a teor desta sorprendente situación, queremos manifestar o seguinte:
1.- É absolutamente vergonzoso, inmoral e lamentable que a día de hoxe aínda sigamos pendentes deste trámite cando desde hai varias semanas varios operarios municipais colocaron no lugar onde se pretende construír este inmoble un enorme cartel anunciando a obra.
2.- Parécenos unha vulgar tomadura de pelo que, sen haber aínda ningún tipo de proxecto, se pretenda enganar aos fisterráns con esta indecente propaganda, máis propia de individuos sen ningún tipo de respecto polos cidadáns que de persoas que representan a unha administración pública do século XXI.
3.- Como queira que desde o BNG tiñamos serias dúbidas (que agora se confirman) da posible inexistencia do referido proxecto, así como da licitación e dos prazos de execución da obra, non tivemos outra alternativa que actuar de inmediato e pedir o susodito proxecto a sabendas de que, como quedou probado, nin existe nin existirá, cando menos a curto prazo.
(b) quen vai licitar a obra?
(c) que prazos hai?
Finalmente, instamos ao alcalde e ao goberno local a que mentres non se saiba nada de todo isto, por respecto ás persoas e ao funcionamento democrático das institucións, se retire o cartel propagandístico que se colocou sen aínda haber proxecto, nin prazos, nin licitación, nin nada de nada. Manifestamos, así mesmo, a nosa profunda indignación e repulsa logo de comprobar, unha vez máis, as mentiras deste goberno e o seu particular “modus operandi”, baseado máis na propaganda e na mentira que na transparencia e nos feitos obxectivos, concretos, reais.