Novas
O BNG de Pontedeume promociona o pequeno comercio no Feirón deste sábado
Pontedeume, 14 de setembro de 2012. Promocionar e estimular o pequeno comercio e hostalería da vila eumesa. Este é o principal obxectivo da campaña informativa que está a realizar o BNG de Pondeume e que se encadra dentro dunha acción a nivel nacional. Este sábado 15, no Feirón de Pontedeume, o BNG repartirá material explicativo das súas propostas para este sector, que pasan pola consideración do mesmo como base impresindíbel para o bo funcionamento da economía local e comarcal. [+]
O alcalde de Ares nega a palabra ao BNG e levanta a comisión de obras ao preguntar polas obras de Cervás
Ares, 6 de setembro de 2012. BNG quere trasladar ao conxunto da opinión pública a denuncia da actitude antidemocrática do Alcalde de Ares, que este mércores levantaba a Comisión de Obras cando o representante do BNG – Anxo Fernández Permui – preguntaba sobre a situación das obras de abastecimento de auga a Cervás ( coa resposta de “NO LO SÉ” ), que se atopan paralizadas desde o pasado mes de Xuño, e sobre o cumprimento da iniciativa que o BNG tiña presentado no pleno do mes de Abril ao respecto, aprobada por unanimidade de todos os grupos. [+]
O BNG denuncia o abandono do goberno municipal de Pontedeume coas praias de Ber e Centroña
Pontedeume, 24 de xullo de 2012. As augas das praias de Ber e Centroña levan case un ano con avisos reiterados da Consellería de Sanidade de que as súas augas non son aptas para o baño. Porén, o goberno municipal do Partido Popular non fai nada para solucionar o problema. [+]
O BNG celebra a súa Festa Comarcal do Día da Patria
Ferrolterra, 17 de xullo de 2012. Dentro dos actos programados para a celebración do 25 de xullo, que congregará en Compostela a tradicional manifestación e festa nacionalista, o BNG de Ferrolterra convida a toda a sociedade comarcal a participar nesta festa. Será este sábado 21, a partir das 19 horas, no Cantón de Molíns. É unha celebración totalmente aberta e na que todos e todas podedes participar. Podes ver o evento na nosa páxina de facebook. Ven e Rescata os teus dereitos!! [+]
O BNG critica a política fraudulenta da Xunta con respecto ao novo Centro de Saúde de Ares
Ares, 11 de xullo de 2012. O BNG de Ares entende que o anuncio feito polo presidente da Xunta hai poucos días, no sentido de renunciar ao sistema de colaboración público-privada para a construción do novo Centro de Saúde de Ares, vén a demostrar a veracidade das críticas feitas pola nosa organización no 2010; no sentido de considerar que o sistema escollido daquela pola administración galega era un fraude que, ao final, non permitiría a execución do Centro. [+]
Máis de medio cento de persoas acudiron á concentración convocada polo BNG
Ares, 9 de xullo de 2012. Mesmo desafiando ao mal tempo, máis de medio cento de veciñas e veciños de Cervás acudiron este sábado ao acto informativo e reivindicativo convocado polo BNG en demanda de solucións urxentes á problemática que vive a parroquia desde hai meses en relación co proxecto de abastecimento de auga. [+]