Novas
Joquera presenta en Fene a alternativa do BNG ás políticas de recortes e perda de dereitos
Fene, 2 de outubro 2012. O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, advertiu en Fene de que “cos Orzamentos do Estado para 2013 o goberno do PP non trae para o naval de Ferrolterra nin dique flotante nin carga de traballo” e que a súa herdanza despois de 3 anos de goberno “son 10.000 postos de traballo destruídos no sector”. Jorquera participou onte, no Círculo de Perlío, nunha charla-coloquio sobre as propostas do BNG, na que tamén interviron, Manuel Polo, portavoz municipal, e Fernando Branco, candidato do BNG pola comarca. Presentado pola responsábel local, Digna Faraldo, no acto participaron persoas da comarca afectadas pola crise que viven os sectores económicos máis representativos (naval e marisqueo). [+]
Francisco Jorquera celebra este luns en Fene o 30 aniversario do BNG
Fene, 29 de setembro de 2012. O pasado 26 de setembro cumpríronse 30 anos desde a formación do Bloque Nacionalista Galego na Asemblea de Riazor. Para celebralo, o candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, partipará nunha charla-coloquio que se celebrará este luns, 1 de outubro, no Círculo de Perlío, a partir das 20 horas. [+]
O goberno de Ares impide o debate de mocións do BNG sobre urbanismo e sobre a paga extra dos funcionarios
Ares, 27 de setembro de 2012. A Asemblea Local do BNG de Ares vén de valorar a actitude adoptada polo alcalde de Ares – negándose a incluir algunhas mocións do BNG aos debates plenarios –como unha situación antidemocrática que evidencia que, como resultado do pacto de goberno que o PSOE está a manter co ex-portavoz do PP, Luis Cendán, o goberno municipal fica contaminado das peores formas que o agora “socio” do PSOE praticou durante os oito anos que estivo no goberno. [+]
San Sadurniño converterá en vivendas sociais as escolas do Eirexado e de Bardaos
San Sadurniño, 25 de setembro de 2012. A comezos de decembro iniciaranse as obras de rehabilitación das antigas escolas do Eirexado, en Naraío, e das Loibas, en Bardaos. O Concello de San Sadurniño preparou un proxecto pioneiro en Galicia que prevé converter estes inmobles en desuso en vivendas sociais. A idea vén de vello e agora o goberno local obtivo o financiamento necesario para levala a cabo. Está previsto investir arredor de 60.000 euros en cada unha das escolas, provenientes do plan provincial PCT 94 que lle suporá a San Sadurniño unha achega lixeiramente superior aos 200.000 euros para obras e investimentos. A iniciativa municipal permitirá, ademais, darlle emprego nos traballos a cinco persoas durante uns seis meses. [+]
O goberno local de Ferrol é incapaz de pór en marcha os semáforos da Estrada de Castela
Ferrol, 18 de Setembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou onte ao goberno local de ser incapaz de poñer en marcha a rede semafórica da estrada de Castela, e acusou ao executivo de Rey Varela de incumprir os prazos que eles mesmos se marcan para a posta en marcha deste servizo. [+]
O BNG demanda que o naval sexa considerado estratéxico tanto polo goberno central como pola Xunta
Ferrol, 17 de setembro de 2012. O BNG demanda que o sector naval galego sexa declarado estratéxico tanto polo Goberno Central como polo da Xunta de Galiza e, en consecuencia, que se cumpran tres demandas concretas para os estaleiros da ría de Ferrol: levantamento do veto á construción naval civil, carga de traballo e construción do dique flotante. [+]