Galicia Nova de Ferrolterra imprime o seu primeiro voceiro comarcal
Nas últimas semanas podiamos ler en varios medios de comunicación que o problema no río Eume xa estaba case olucionado, que o pH xa era óptimo, “Nuevas mediciones en el Eume sitúan el pH del agua en valores óptimos”, “la temporada de pesca comenzará el uno de mayo con un Eume «precioso» ya que, según los pescadores, las recientes precipitaciones han limpiado «hasta las piedras» y la situación parece estabilizada” ( La Voz de Galicia). [+]
Boletín - BLOQUE FENE febreiro 2009
Dende o BNG comarcal lanzouse, no mes de setembro,a idea de impulsar unha iniciativa lexislativa popular(I.L.P.) sobre o fomento e a defensa do sector navalde Galiza. Trátase basicamente de proporlle unha lei ao Parlamento galego dende a sociedade. A suma de persoas preocupadas pola volta de ASTANO á construción naval civil é o nexo común. Prexubilados e traballadores en activo dos estaleiros, persoas da cultura, da universidade,do empresariado e do movemento asociativo, son os referentes que constitúen a coordinadora da iniciativa,como Xaquín Marín, Edgar Vigo, Suso Bello, Jesús Varela, Manuel Dopico, Medos Romero, Pedro Seco, Xosé Ramón Franco ou Manuel López Foxo, son exemplos de persoas que lonxe das lexítimas posicións ideolóxicas de cada quen, defenden a volta de ASTANO á construción naval civil sen máis restricións que os da súa propia capacidade produtiva. Por isto en poucos días teremos a oportunidade de asinar en apoio a esta proposta. Este ten que ser un traballo colectivo, ilusionante e de toda a sociedade. [+]
Boletín - Novas de San Sadurniño, febreiro 2009
Neste Boletín, Entrevistamos a Anxo Quíntana ,
“O BNG quere facer política para a xente cun proxecto transformador que defende a identidade galega” Un programa para seguir afondando no cambio galego.
As propostas do BNG para o progreso do país Entrevista a Ana Pontón
“O nacionalismo debe ter máis peso para que as políticas de cambio transformador se leven adiante en plenitude” Os orzamentos do concello do 2009 destinan 20.000 para a concesión de bolsas de estudo
A Deputación da Coruña destina 200.000 para financiar dous proxectos no Concello de San Sadurniño
O Concello aproba os proxectos a incluir no Fondo Estatal de Inversión Local [+]
Boletín Especial sobre o temporal da noite do 23 "Novas de San Sadurniño, xaneiro 2009"
San Sadurniños, 28 de xaneiro de 2009. O temporal da noite do 23 para o 24 de xaneiro deixou unha pegada impresionante en todo o norte de Galicia, e nomeadamente no noso Concello, onde afectou, con maior ou menor intensidade, a todos e cada un dos seus habitantes. [+]
Boletín - Novas de San Sadurniño, xaneiro 2009
[+]
Boletin - Novo Narón, decembro 2008
[+]
Boletín - Novas de San Sadurniño, decembro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE As Pontes novembro 2008
[+]
Boletin - BLOQUE San Sadurniño novembro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Vilarmaior setembro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE As Pontes outubro 2008
[+]
Boletín - Novas San Sadurniño outubro 2008
[+]
Boletín - Novas San Sadurniño setembro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Ferrol decembro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Ferrol xullo 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Ares xuño 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Pontedeume xuño 2008
[+]
Boletín - BLOQUE Ferrol abril 2008
[+]
Boletín - BLOQUE FENE febreiro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE FERROL febreiro 2008
[+]
Boletín - BLOQUE FERROL decembro 2007
[+]
Boletín - BLOQUE FENE outubro 2007
[+]
BOLETÍN MUNICIPAL DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO CON INFORMACION VECIÑAL
[+]
Moción do BNG para aumentar as bonificacións das ordenanzas municipais para axudar a aforntar a crise.
Grupo Municipal do BNG ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate en Pleno a MOCiÓN o Pleno do Concello de Ferrol acorda proceder a revisar as bonificacións das taxas e ordenanzas municipais para axustalas ao novo marco como consecuencia da crise económica. [+]
Moción sobre do cumprimento da Lei da Memoria Histórica polo concello das Pontes
A Lei 52/2007 de 26 de decembro, coñecida popularmente como Lei da Memoria Histórica, ten como finalidade recoñocer e ampliar dereitos e establecer medidas en favor de quenes padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.
Esta lei, no seu artigo 15, estabelece que as administracións públicas, dentro do exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.
Na sesión extraordinaria do 30 de novembro de 1950 foron concedidas unha medalla de ouro e dúas de prata da Vila das Pontes ao ditador Francisco Franco, a José Antonio Girón de Velasco, un dos seus ministros de traballo, e ao xeneral Constantino Lobo Montero, respectivamente, distincións que o Concello das Pontes mantén vixentes.
Para o BNG, manter estes nomes e estas distincións significa exaltar un réxime opresor que se caracterizou pola falla de liberdades e que promoveu valores totalmente opostos aos valores democráticos, de xustiza e igualdade e de respecto á pluralidade e á diferenza. [+]
Moción do BNG relativa a posta en marcha dun PERI en Redes
O Pleno do Concello de Ares debatía, en sesion celebrada o 29 de novembro de ano 2007, unha Moción do BNG na que, en sintese, se demandaba a adopción de dous acordos para a posta en marcha de actuacións rehabilitadoras nos cacos de Ares e Redes. Para o caso de Redes, o BNG demandaba a posta en marcha dun PEPRI (Plan Especial de Proteción e Reforma Interior) no conxunto do seu casca, que representa un conxunto singular e definido desde o ponto de vista histórico, urbanísticos e etnográfico. [+]
O BNG e PSOE presentaron no concello de Narón unha moción ao respecto das antenas de telefonía móbil no concello
Asumindo a necesidade da colocación de antenas de telefonía móbil como parte do progreso o Concello de Narón aprobaba, no ano 2002, a Ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de instalacións de antenas de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas no termo municipal de Narón, cuxo obxecto, segundo se relata no artigo 1º do texto normativo, é : “…a regulación das condicións urbanísticas e técnicas ás que debe someterse a instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas, no termo municipal de Narón, coa finalidade de que a súa implantación produza a menor ocupación, o menor impacto visual e ambiental no espazo rural ou urbano, e preserve o dereito dos/as cidadáns/ás a manter unhas condicións de vida sen perigo para a súa saúde”, xa que a implantación das estacións base creaban unha serie de disfuncións que provocaron a necesaria intervención da Administración. [+]
Moción do Grupo Municipal do BNG de Ferrol, relativa á retirada de distincións e titulos honorarios ao dictador Francisco Franco e Familia
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol ao abeiro da lexislación do 52/2007 de 26 de decembro, coñecida popularmente como Lei da Memoria Histórica, ten como finalidade recoñocer e ampliar dereitos e estabelecer medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura. [+]
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE NARÓN RELATIVO AO ACCIDENTE DA FRAGATA "EXTREMADURA" E ACORDOS COMPLEMENTARIOS
[+]
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A A-9 ENTRE FERROL-PONTEDEUME
[+]
FRANCISCO ALLEGUE - HISTORIA DE UN COMPROMISO
[+]
Iniciativa Lexislativa Popular sobre o sector naval galego, rexistrada no Parlamento Galego
[+]
A mesa pola normalización lingüística e o seu servizo a liña do Galego
Nas últimas semanas produciuse unha intensa campaña de criminalización e linchamento conta A Mesa pola Normalización Lingüística.
Esta suxa campaña baseouse en difamacións e inxurias, repetidas unha e outra vez a pesar de seren rotundamente desmentidas.
O obxectivo que perseguen os grupos facticos que están detrás de tal campaña é faceren calar a unha das principais voces que defende a lingua galega e os dereitos lingüísticos en Galiza. [+]
RECOLLIDA DE SINATURAS PARA O MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO
A defensa do idioma propio da Galiza é responsabilidade de toda a sociedade e facilitarmos a implicación do meirande número de persoas trataremos de nos achegar en primeiro lugar a persoas coñecidas da nosa comarca e que podan servir de referente positivo.
Adxunto arquivos do Manifesto para a recollida de sinaturas no teu entorno social, laboral, ... Pódelas enviar cubertas ao noso local nacional ou facermas chegar do xeito que preferires.
Unha forte aperta.
Carlos Outeiro Baamonde
Responsábel de Zona (Ferrolterra)
A Mesa pola Normalización Lingüística [+]