O goberno local de Ferrol é incapaz de pór en marcha os semáforos da Estrada de Castela

O executivo local anunciara a posta en marcha no mes de marzo

Ferrol, 18 de Setembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou onte ao goberno local de ser incapaz de poñer en marcha a rede semafórica da estrada de Castela, e acusou ao executivo de Rey Varela de incumprir os prazos que eles mesmos se marcan para a posta en marcha deste servizo.

O BNG considera que a mala xestión do Goberno está a provocar numerosos incidentes neste víal que afectan á seguridade, e censuran o excesivo retraso na entrada en funcionamento da sinalización semafórica.

O BNG lembra a reiteración nos incumprimentos dos prazos anunciados polo goberno de Rey Varela, que xa anunciara a sua posta en marcha no mes de marzo, e considera que carecen de xustificación algunha. O BNG afirma que o feito de que se dera por inaugurada á estrada de Castela sen estar operativa a rede semafórica demostra que o goberno de Rey Varela antepuxo os intereses propagandísticos á seguridade dos vecinos e veciñas que a diario circulan por esta vía.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]