Galicia Nova de Ferrolterra imprime o seu primeiro voceiro comarcal
Nas últimas semanas podiamos ler en varios medios de comunicación que o problema no río Eume xa estaba case olucionado, que o pH xa era óptimo, “Nuevas mediciones en el Eume sitúan el pH del agua en valores óptimos”, “la temporada de pesca comenzará el uno de mayo con un Eume «precioso» ya que, según los pescadores, las recientes precipitaciones han limpiado «hasta las piedras» y la situación parece estabilizada” ( La Voz de Galicia). Iso, evidentemente, é por que non o viron o Chamoselo na semana de chuvias que tivemos en abril, so fai falta achegarse a dito río para ver como está, morto. Os máis de 5 millóns de Euros que van invertidos nestes río non serviron para arranxar o problema. As acccións levadas a cabo por Sogarisa só son un parche xa que no momento en que deixen de botar carbonato cálcico ao río o pH volve a baixar rapidamente até chegaren a ser as súas augas mil veces máis acidas do normal. O selado de taludes comezou tarde e xa cun dano irreversíbel feito. O anterior goberno do BNG encargou varios informes cuxo resultado advertían da mala situación dos ríos. As formacións nacionalistas foron as únicas que se preocuparon polo estado destes rios, con preguntas no parlamento de Galiza, notas de prensa e a organización dunha mesa redonda nas Pontes sobre este tema. Galiza Nova segue a demandar solucións rápidas e eficaces, como a retirada do material empregado tras as obras na zona da rotonda dos Airios que é o que provocou a contaminación do río Lavadoiro afluente do Chamoselo. O tempo vai esgotado, non queremos máis agresións ao noso patrimonio natural, agardamos solucións concretas e eficaces dunha vez.