Novas
Mocións aprobadas no pleno de xuño.
Culleredo, 30 de xuño de 2011.- No Pleno Municipal celebrado o pasado xoves, aprobáronse as mocións presentadas polo BNG reclamando o pago do IBI pola Igrexa e demandando a solución do problema financeiro, en concreto en demanda dun referendo sobre o rescate á banca e o reintegro dos seus aforros ás afectadas e afectados polas preferentes. Ademais, o Grupo Municipal do BNG expresou a súa solidariedade cos traballadores de Industrias Caamaño, que reclaman salarios pendentes de cobro dende o ano 2010. [+]
Pleno municipal
Culleredo, 27 de xuño de 2012.- Mañán, xoves, día 28 de xuño, ás 13.30 horas, está convocada sesión ordinaria do Pleno Municipal a celebrar no salón de actos da Casa Consistorial, na que se debatirán, entre outras sendas iniciativas do BNG de Culleredo referentes ao pago do IBI pola Igrexa e sobre o sistema financeiro galego, máis en concreto, sobre a necesidade da creación dunha banca pública galega, de un referendo sobre o rescate aos bancos, demandando solución para os afectados e afectadas polas preferentes, polo mantemento do emprego en Novagalicia Banco e da calidade na atención ao público, e solicitando comisións de investigación no escándalo das caixas. [+]
Pleno de maio
Culleredo, 30 de maio de 2012.- Mañán xoves, ás 20.30 h., terá lugar na Casa do Concello, en Tarrío, o Pleno correspondente ao mes de maio. [+]
A Xunta de Galiza acepta a exclusión da rexeneración da Ría do Burgo dos Orzamentos do Estado
Culleredo, 25 de maio de 2012.- En resposta a unha iniciativa presentada polos representantes do BNG no Parlamento Galego, encabezados por Ana Luísa Bouza, o goberno da Xunta de Galiza manifesta a súa conformidade coa retirada por parte do Goberno de Mariano Rajoy da partida reservada para a rexeneración da Ría do Burgo no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado. [+]
Acto público sobre Sanidade
Culleredo, 8 de maio de 2012.- O vindeiro xoves día 10, celebraremos un acto público ás 20.00 horas, no Hotel Crunia de Fonteculler, para falar da situación da Sanidade, dos efectos das políticas do PP sobre a Sanidade Pública, dos seus recortes e dos seus incumprimentos, e das alternativas do Bloque Nacionalista Galego nesta materia.
No acto intervirán a nosa compañeira Rocío Sampedro, concelleira de Sanidade, Igualdade e Consumo no Concello de Culleredo, Ramón Veras, médico de familia e membro da Plataforma Sos Sanidade Pública, e Ana Luisa Bouza Santiago, deputada autonómica do BNG. [+]
O BNG solicita o soterramento da AP9 e das vías férreas en Vilaboa e O Burgo
Culleredo, 5 de maio de 2012.- Ambos soterramentos, que aproveitarían a diferenza de alturas xa existente, permitirían humanizar dous dos núcleos urbanos de Culleredo máis densamente poboados, mellorarían a seguridade vial e a calidade de vida das veciñas e veciños de Culleredo, recuperando espazos públicos notablemente deteriorados. [+]