Novas

  

BNG e PSOE acordan negociar a moción polo mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios

Culleredo, 31 de agosto de 2012.- Tras longas negociacións, a pouco de comezar o pleno, acadouse un acordo cos representantes do PSOE polo que estes aceptaron negociar o mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios do Concello, tal e como anunciou Raquel Jabares, voceira do Grupo Municipal do BNG, no propio pleno. [+]


Pleno do mes de agosto

Culleredo, 29 de agosto de 2012.- Mañán xoves terá lugar, ás 13.30 horas na Casa do Concello, o pleno correspondente ao presente mes. [+]


O goberno local denuncia o “incumprimento reiterado da lexislación” por parte dos voceiros de PP e APdC

Culleredo, 25 de agosto de 2012.- Das 8 xuntas de voceiros celebradas en 2012, Rioboo non asistiu a ningunha e Cañás a unha, cando teñen a obriga legal de asistir e de notificar e xustificar con antelación suficiente a súa ausencia, cousa que tampouco adoitan facer.

Este comportamento constitúe unha auténtica falta de respecto, tanto de cara ás veciñas e aos veciños que os votaron, como á institución no seu conxunto, pois resta operatividade ás reunións e dificulta o seu funcionamento, supondo, en palabras de Raquel Jabares, unha auténtica "deixación de funcións". [+]


O BNG quere compensar a paga de Nadal das traballadoras e traballadores públicos municipais

Culleredo, 13 de agosto de 2012.- Os portavoces do BNG na Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada anunciaron hoxe en rolda de prensa a presentación en todos os concellos da comarca de mocións para compensar a perda de poder adquisitivo das traballadoras e traballadores públicos municipais, como consecuencia da decisión do goberno do PP de anular a paga de nadal, medida absurda e que, en palabras de Raquel Jabares, repercutirá moi negativamente no pequeno comercio local. [+]


Acto no Burgo

Culleredo, 23 de xullo de 2012.- Hoxe, ás 19.00 horas, celebraremos un acto público na Praza de Europa do Burgo,  coa participación de Bieito Lobeira, onde achegaremos ás veciñas e veciños de Culleredo as alternativas do BNG fronte a crise. [+]


O BNG leva a todos os concellos da comarca unha moción na que rexeita os recortes do PP e propón alternativas en defensa das persoas

Culleredo, 20 de xullo de 2012.  Os portavoces municipais do BNG da comarca da Coruña reuníronse esta mañá para tratar os recortazos aprobados polo PP, uns recortes que cargan as consecuencias e as culpas da crise nas maiorías sociais: persoas traballadoras, desempregadas, dependentes, estudantes, pensionistas, empregados públicos, mozos e mozas, mulleres...   [+]