I Encontro de mulleres do rural de Culleredo

Culleredo, 20 de outubro de 2011.-  Mañán venres celebrarase en Celas, na Casa Reitoral, o “I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional”, a partir das 19:30 h, organizado dende a Concellaría de Igualdade e o CIM de Culleredo, en colaboración coas asociacións de mulleres do Concello.

O encontro ten como obxectivo o intercambio das experiencias de vida de mulleres de distintas xeracións desde unha perspectiva de xénero, e a reflexión sobre as mesmas. Contará coa participación de varias mulleres vencelladas ao rural de Culleredo, de Carlos Pereira, historiador do Concello, da poetisa Maribel Ortiz e dun trío de guitarras do Conservatorio Municipal de Música.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]