I Seminario sobre o Transtorno de Atención e/ou Hiperactividade

Culleredo, 28 de setembro de 2011.- O vindeir venres 30 de Setembro, ás 19.00 hs, no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, a Concellaría de Sanidade, en colaboración con ANHIDACORUÑA, celebrará o I Seminario sobre o Trastorno de  déficit de Atención e/ou Hiperactividade.

O acto estará estructurado en 3 bloques:

1ª PARTE:  INFORMACIÓN SANITARIA SOBRE O TDAH

    Definición
    Posíbeis causas
    Síntomas fácilmente detectábeis na escola
    Diagnóstico
    Evolución e tratamento
    Intervención familiar e escolar

Docente: Dna Elvira Ferrer Vázquez, Vicepresidenta de ANHIDACORUÑA e Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Máster en Dirección médica e Xestión Clínica, e Máster en Bioética. Experta Universitaria en Promoción da saúde.

2ª PARTE:  O CONCEPTO DE DIVERSIDADE. INTERVENCIÓN NO CENTRO EDUCATIVO

    Quen está incluído no concepto de diversidade?
    Medidas de atención á diversidade (ordinarias e extraordinarias) que ofrece o sistema educativo

Docente: Berta Pérez Sánchez, Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía, Orientadora escolar e docente no grupo de traballo sobre TDAH no CEIP Sofía Casanova de Culleredo. Docente no curso sobre intervención educativa con TDAH (Forem Galicia) e nos Talleres de apoio para nenos e nenas de educación primaria e secundaria afectados con TDAH promovidos pola Fundación Mª José Jove e ANHIDACORUÑA.

3ª PARTE: QUENDA DE PREGUNTAS ESCRITAS

O acto, de interese especial para pais/nais de nenos  e nenas afectados por algún tipo de trastorno de conducta en idade escolar, profesionais sanitarios e do ámbito educativo, é ABERTO A TODA A CIDADANÍA

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]