Actos do Día Mundial contra a Explotación Sexual
Culleredo, 20 de setembro de 2011.- Co gallo da celebración do Día Mundial contra a Explotación Sexual e a Trata, o vindeiro venres 23, dende a Concellaría de Sanidade e Igualdade se organiza para o xoves 22, no Hotel Crunia de Fonteculler, un acto en colaboración con Médicos do Mundo.
Así, ás 17.30 terá lugar a presentación da exposición "Mulleres de vida alegre", e a continuación, ás 18.00, celebrarase unha charla coloquio co lema "Xénero e dereitos humanos".
Para máis información: http://ir.gl/8cdca