Clausura de diversos obradoiros sociais.
Culleredo, 2 de xuño de 2010.- O Concello de Culleredo clausurou o pasado mércores os obradoiros de cociña e habilidades sociais e "O teu novo pais o teu novo idioma". A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, acudiu ao acto e realizou a entrega dos diplomas conmemorativos.
Os participantes degustaron unha merenda elaborada polas alumnas do obradoiro de cociña para celebrar a conclusión do curso. Jabares resalta que todos os asistentes aos obradoiros quedaron "moi satisfeitos co resultado" das dinámicas e incluso solicitan repetir a experiencia o vindeiro curso.
A responsable de Benestar Social apunta que a programación de obradoiros perseguía especialmente a "integración da poboación inmigrante" na vida do municipio e a mellora da súa capacitación en habilidades de uso cotiá.