Gran aceptación da viaxe á Ribeira Sacra

Culleredo, 26 de marzo de 2010.- A viaxe á Ribeira Sacra, organizada pola Concellaría de Benestar Social que dirixe a nacionalista Raquel Jabares, acadou unha moi boa acollida entre as persoas usurias do Centro Municipal de Maiores, contando con 214 socios e socias inscritas.

Dentro desta viaxe, na que visitarán o Concello de Sober, asistindo á Feira do Viño de Amandi, festa declarada de interese turístico, na que dende 1982 os veciños da zona ofrecen unha mostra do seu viño, con denominación de orixe dende 1996. Tamén, poderán vistar a bodega “Regina viarum” en Amandi onde poderán coñecer o método de cultivo e elaboración dos viños desta comarca de Lemos.

Esta viaxe ten un custo de 7 € para as persoas socias do Centro Municipal de Maiores e de 11.20€  para as  non socias. Poñerase a disposición un servizo de autobús que sairá ese día ás 7.30h da mañá de Bregua e de Castelo parando nas demais parroquias. Asemade está organizado un xantar opcional, a base de carne asada con castañas; bebida, postre e café cun prezo de15 €

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]