Presentado o calendario dos grupos de teatro de maiores
Raquel Jabares coas actrices e actores dos grupos de teatro
Así, "Xaque logo", o Grupo de Teatro de Orro estreará a obra “Café-olé” no Centro Social de Orro o vindeiro sábado 27 marzo ás 18.00h. Actuará ademais nesta mesma data no Centro xeriátrico Caser ás 17.30h. e o 24 Abril no Conservatorio Municipal de Musica O Burgo ás 12.30h.
Por outra banda, este ano repetirase a actividade de “TEATRO INTERXENERACIONAL”, dado o seu éxito, no que participarán os grupos de teatro de Vilaboa e O Burgo, entre o 12 e o 23 de abril, visitando distintos centros de ensino do noso Concello.
O Grupo de Teatro do Burgo representará a obra “O noso merliño” nas Escolas Infantís Fonte da Balsa, O Burgo e A tartaruga e no Ceip de Tarrío. O grupo de Teatro de Vilaboa, a obra “O último bosque” para Educación Infantil nos CEIPs I. Díaz Pardo, Ría do Burgo e no Colexio A Ponte Pasaxe.