Programación do Centro de Dinamización para Marzo
Culleredo, 8 de marzo de 2010.- O Centro de Dinamizació presentou a súa oferta de cursos da súa aula de informática para o mes de marzo.
O Centro rematou febreiro con 19 novos usuarios, co que chega aos 498 inscritos dende que botou a andar en marzo de 2008, tendo realizado xa máis de 140 accións formativas, ás que asistiron caseque 1000 persoas.
Para máis información podedes acercarvos polo local, sito na Rúa Domingo Sierra, en Vilaboa, a carón da parada de taxis, ou consultar a súa páxina web.