Actividades do Centro de Dinamización para Decembro
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Culleredo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de decembro en Culleredo. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
"Iniciación á Informática con Linux”: o usuario/a aprenderá a manexar os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas...) do sistema operativo libre Linux. Desenvolverase en tres grupos: o primeiro de martes a xoves, do 1 ao 11 de decembro de 11 a 12 horas de luns a xoves, e os venres de 10 a 11 horas.
“Iniciación a Internet”: capacitará aos e ás participantes para comezar a navegar na Rede. Desenvolverase en dúas quendas, a primeira de luns a mércores do 2 ao 3 de decembro de 18 a 20 horas.
“Procura de información con Google”: os e as participantes aprenderán a manexar o buscador máis popular en Internet e a optimizar as procuras para que os resultados sexan mellores. As datas de celebración do presente obradoiro serán do 9 ao 10 de decembro, de luns a xoves, en horario de 18 a 20 horas.
“Conta de correo electrónico”: os e as participantes aprenderán a crear e xestionar contas de correo electrónico. Desenvolverase do 14 ao 16 de decembro, de luns a mércores de 18 a 20.
“Creación de postais de Nadal”: cada participante a través da pescuda de imaxes en Internet e co programa de procesador de texto adquirirá o coñecemento necesario para a creación dunha postal de Nadal. Levarase a cabo o día 17 de decembro, en horario de 18 a 20.30 horas.
“Diario dos/as meus/miñas descendentes: unha viaxe a través da rede”. Con esta actividade, os e as participantes adquirirán os coñecementos necesarios para a creación dun videomontaxe. As datas de celebración son do 14 o 18 de decembro, de luns a xoves de 11 a 12 horas e os venres de 10 a 11 horas.
Asemade, está prevista a realización na segunda quenda da iniciativa “Creación dunha páxina web II”, coa asociación A Escada. Terá lugar do 4 ao 12 novembro, de 11 a 12 horas na aula da Rede de Dinamización de Culleredo, e consistirá en que os e as participantes aprendan a crear unha páxina web: subir imaxes, escribir arquivos sobre as actividades, saídas realizadas no presente centro e dalas a coñecer á poboación en xeral.