Primeiro encontro de coches clásicos, históricos e deportivos
O Concello organiza o I Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos de Culleredo os días 22 de agosto, na praza da Igrexa de Vilaboa, e o día 23 no Campo da Festa de O Burgo. O horario da actividade será de once da mañá a dez da noite, tempo no que estarán expostos preto de 40 coches clásicos, históricos e deportivos, e servirá para que os veciños e veciñas de Culleredo, así como os visitantes e turistas, coñezan vehículos clásicos da historia do automobilismo, e poidan achegarse a eles e coñecer os seus datos e anécdotas máis significativas.
Ademais, o domingo, ás 17.30 horas, pilotos do Campionato Galego de Velocidade realizarán unha exhibición de condución deportiva sobre asfalto deslizante na explanada do campo da festa de O Burgo.
O I Encontro de Coches Clásicos de Culleredo conta coa colaboración das asociacións Automóvil Club de Culleredo e Coruña Veteran Car e co apoio do Centro Comercial Haley, que vai ceder o seu aparcadoiro para que os participantes poidan gardar os vehículos durante a noite do sábado ao domingo.