Sábados muídos: "Miúdos chefs"
A Concellaría de Benestar Social, dirixida pola nacionalista Raquel Jabares, co fin de contribuír á conciliación familiar e ao desenvolvemento dun ocio san para os máis pequenos durante a época estival e facer prevención, integración e dinamización comunitaria, volve plantexar a actividade de “Miúdos Chefs” de contrastada acollida o pasado ano e primeiro semestre deste entre os rapaces e rapazas de 8 a 11 anos.
Segundo apuntou tenente de Alcalde nacionalista “este obradoiro traballa sobre todo a creatividade dos rapaces e rapazas xa que elaboraranse distintos tipos de canapés, onde se utilizaran diferentes alimentos explicando o seu valor nutricional polo miúdo, para que non só aprendan a cociñar se non que tamén aprendan unha lección básica de nutrición que contribúa a adquisición de hábitos alimenticios . Con actividades como esta educamos en igualdade e fomentamos hábitos saudábeis previndo problemas na adolescencia”
Este Obradoiro, que forma parte do programa adicado a infancia “Sábados miudos” terá lugar no Centro Social “Pintora Mª Cagiao Díaz” en Vilaboa , parroquia de Rutis, os sábados 8, 22 e 29 de agosto de 11:00 a 13:30h.