Movemento de maiores: Ximnasia de mantemento
Dentro da programación de verán do Centro Muncipal de Maiores do Concello de Culleredo, dependente da concellaría de Benestar Social, para os meses de xullo, agosto e setembro, e baixo o lema “Móvete no verán”, están a desenvolverse sesións de ximnasia de mantemento.
Con esta actividade, específica para as persoas maiores de 60 anos, dirixidas por profesionais, seguindo as directrices da concellaría nacionalista que dirixe Raquel Jabares Fernández, téntase manter á poboación maior san e activa, tamén no tempo de verán, e axudalos a ter unha vida saudable de xeito constante ao longo de todo o ano, achegando esta oportunidade a todos os veciños e veciñas das distitnas parroquias cullerdenses.
CASTELO, Centro Cultural
martes e xoves de 19.15h a 20.15h
CELAS, Centro social:
luns e mércores de 10.00h a 11.00h
O BURGO, Centro O. “A Escada”
martes e xoves de 11.15h a 12.15h
SUEIRO, Centro Social
martes e xoves de 18.00h a 19.00h
TARRÍO, Centro social
luns e mércores de 11.15h a 12.15h
VILABOA, Pazo Vila Melania e Centro Cultural
martes e xoves de 10.00h a 11.00h
O prazo de inscrición está aberto até cubrir prazas
PREZO trimestre:
Socios e socias: 15,60€ Non socios/as: 20,40€
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Vilaboa: Pazo Vila Melania Luns ás 11.00h
Tarrío: Casa do concello martes ás 11.00h