Festa do Centro Ocupacional "A Escada"
Algúns dos alumnos durante a estadía no Grove
Este centro dependente da concellaría de Benestar Social que dirixe a nacionalista Raquel Jabares, ven de realizar nas pasadas semanas, unha estancia no concello do Grove durante a cal o alumnado puido desenvolver actividades saudables como foi a asistencia circuitos termais con fins terapéuticos, ou outras de tipo cultural como a visita ao Centro de Interpretación do Monte Siradella, ao Aquario de Galicia, en Punta Moreiras ou o paseo en catamarán pola Ría de Arousa. Todo isto permitiulles tomar diversas referencias do ecosistema, aprender a disfrutar do tempo de ocio e descubrir novos lugares de interese do noso patrimonio natural, obxectivos sempre presentes na concellaría nacionalista.