Viaxe a Pontecaldelas á Festa da Troita
Un total de 197 persoas do Centro Municipal de Maiores dependente da Concellaría de Benestar Social do Concello de Culleredo, partirán ás 8 da mañá do domingo 31 de maio, hacia o Concello de Pontecaldelas (Pontevedra) no que ademais de disfrutar da festa gastronómica da troita que alí se celebra, terán a a oportunidade de descubrir os diferentes puntos de interese desta vila termal; xa na xornada de tarde, as persoas maiores que o desexen, poderán visitar o castelo de Soutomaior, os seus xardíns e o interior do mesmo.
Con este tipo de viaxes culturais , a Concellaría de Benestar Social, busca o fomento de participación social por parte das persoas maiores e, segundo nos indica a concelleira nacionalista Raquel Jabares, “poñer en valor os anos, contribuíndo a un avellentamento activo, principio fundamental dun estado de benestar”.