Concentración na Praza da Quintana en defensa do dereito ao aborto na sanidade Pública
Este domingo, 31 de maio, a partir das 11 da mañá, a Marcha Mundial das Mulleres organiza unha concentración na Praza da Quintana en defensa do dereito ao aborto na sanidade Pública. Durante a mesma procederase á construcción dun maio reivindicativo e unha alfombra Floral.
Con esta concentración rematará a primeira fase da campaña que leva, ao longo das últimas semanas no noso país, abrindo espazos de debate e reflexión mediante palestras e performance. Un debate ao redor da necesidade de afianzar o dereito ao aborto, que está recollendo apoios de organizacions e colectivos sociais, ademais de sinaturas de todas aquelas persoas que ven a necesidade de asegurar este dereito coma un dereito fundamental das mulleres.
Tedes máis información en http://www.feminismo.info