Acto no Burgo

Culleredo, 23 de xullo de 2012.- Hoxe, ás 19.00 horas, celebraremos un acto público na Praza de Europa do Burgo, coa participación de Raquel Jabares, portavoz municipal do BNG, e de Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego, onde achegaremos ás veciñas e veciños de Culleredo as alternativas do BNG fronte a crise, como son a criación dunha Banca Pública Galega, a racionalización da administración pública, unha reforma fiscal progresiva, ou a potenciación da economía produtiva fronte á especulativa

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]