Pleno municipal

Culleredo, 22 de febreiro de 2012.- Mañá xoves, ás 20.30 horas, terá lugar en Tarrío o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.

A Orde do Día é a seguinte:

1. Aprobación da  acta da sesión de  data  26 de xaneiro de 2012.

2. Toma de posesión de Dª María Penélope López Díaz

3. Proposta de aprobación de actuación para obtención de terreos clasificados como equipamento escolar de sistema xeral e zona verde de sistema xeral

4. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día , moción contra a suba de tarifas das escolas infantís pertencentes á Xunta de Galiza.

5. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza.

6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción polo 8 de marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres.

7. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción para a consolidación e ampliación da renda básica de emancipación da mocidade.

8. Dación de conta de convenio subscrito coa entidade “ACLAD”

9. Dación de conta de aceptación de cesións para viais públicos

10. Dación de conta de resolucións de alcaldía e concellarías delegadas.

11. Informe sobre o Consorcio de “As Mariñas”

12. Mocións urxentes

13. Rogos e preguntas.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]