Novas

  

O BNG lamenta que o PP de Corcubión non defenda os servizos públicos do pobo

Oscar Insua:“ tampouco o alcalde está facendo moito para evitar a perda de servizos”

Corcubión 28 de Xuño do 2012. O grupo municipal do BNG califica de lamentable a postura popular sobre os recortes da Xunta que afectan directamente aos veciños de Corcubión. No pleno celebrado onte, o PP votou en contra das mocións que defendían servizos para o noso pobo, como a oficina liquidadora de impostos no rexistro da propiedade ou as axudas de cooperación cos concellos, polas que se contratan as brigadas e o personal para traballar nos meses de verán ata decembro. [+]


Lema debería reflexionar sobre a súa continuidade como alcalde de Corcubión

Corcubión 5 de Maio do 2012. Despois de coñecer a última sentencia na que a xustiza lle da a razón por enésima vez ao electricista municipal, o grupo municipal do BNG pídelle ao alcalde e ao grupo municipal do PSOE que reflexionen sobre a súa continuidade. O BNG considera moi grave a actitude do alcalde contra este empregado, pois cabe recordar que xa lle impuxeron unha multa por acoso, dictamen que ten recorrido de novo na xustiza. [+]


O BNG denuncia ao alcalde no valedor do pobo

A pancarta contra a praia artificial leva mais dun mes secuestrada nas dependencias municipais.

En Corcubión a 21 de abril de 2012.     O BNG de corcubión denunciou ante o valedor do pobo ao alcalde, F. Javier Lema, por atentar contra o dereito fundamental de liberdade de expresión no marco do pluralismo político. Fai máis dun mes que o alcalde mandaba retirar aos empregados municipais a pancarta nacionalista da praza de Castelao, na que se podía ler “un millón de euros tirados ao mar, e a ría sen sanear. Praia artificial NON ”. O alcalde neste tempo, nin devolveu a pancarta nin deu unha resposta á solicitude feita polo Bloque corcubionés [+]


Novo Currunchiño na rúa

Corcubión 28 de Marzo 2012.     Sacamos un novo Currunchiño a rúa para denunciar que o alcalde négalle a palabra aos veciños para decidir a ubicación do cemiterio e de como segue empeñado en tirar un millón de euros o mar e a ría sen sanear censurando incluso a liberdade de expresión. [+]


O PP é cómplice das decisións do alcalde

Corcubión 18 de Marzo do 2012. O pasado xoves, na celebración do pleno ordinario, o Alcalde e o PP impediron que os veciños e veciñas de Corcubión poideran elexir a ubicación do cemiterio, ao votar en contra o PSOE e absterse na votación o PP na iniciativa do BNG para facer unha consulta popular sobre este asunto. Desta maneira, o pobo de Corcubión ficará sen a posibilidade de participar e decidir onde quere situar o novo cemiterio. O alcalde segue empeñado en mercar uns terreos, sen consenso político, polos que vai pagar arredor de 2500€ o ferrado de monte sen madeira, o que significa para o BNG un auténtico despilfarro de cartos e unha barbaridade. [+]


O BNG Pregunta de novo en Madrid pola praia artificial

Corcubión 17 de Marzo do 2012.      O deputado nacionalista Francisco Jorquera volve a preguntar no parlamento pola praia artificial. [+]