Novas
O BNG propón facer a beirarrúa do cemiterio no POS 2013
Corcubión a 1 de decembro de 2012. O portavoz nacionalista, Oscar Insua manifestou que “fixemos esta proposta porque antes de arranxar outras beirarrúas que si teñen falla delo, pensamos que hai que facelas onde non existen. Este tramo enriba do cemiterio é moi necesario, tanto para canalizar a auga da chuvia, como por seguridade vial, xa que tamén é zona urbana”, Insua engadiu que “esperamos que o alcalde cumpla coa palabra dada na comisión pasada”
O BNG apoiará a Folga Xeral do 14N no vindeiro pleno
Oscar Insua, en relación co POS´13 : “O BNG fai propostas onde hai que facelas, non somos servos do alcalde como el cre”
Corcubión 9 de Novembro do 2012. O BNG de Corcubión rexistrou no concello de Corcubión varias mocións para ser debatidas e aprobadas na vindeira sesión ordinaria do pleno. En primeiro lugar solicitará o apoio á folga xeral convocada para o 14N polas organizacións sindicais máis representativas, para para impulsar a economía e o traballo en Galiza e manifestarse contra as políticas de recortes do PP, que só serven para aumentar o paro sen dar solución a esta crise económica e social. Tamén pedirán noutra moción o apoio dos grupos para que a etiquetaxe dos produtos galegos do mar para conserva ou transformación sexa obrigatoria, en contra do que propón a Unión europea no documento “Organización Común de Mercado (OCM) dos produtos da pesca e da acuicultura” que se atopa en trámites de aprobación. [+]
O alcalde levantou o pleno ilegalmente
Insua Lema, portavoz municipal do BNG: ”Quixo evitar a toda costa preguntas que non quería responder, ese foi o motivo”
Corcubión 18 de Agosto do 2012. O pasado martes, a corporación municipal reuniuse ás 20.30 hs da tarde para celebrar o pleno ordinario de xullo, retrasado ao mes de agosto. O pleno transcorreu con absoluta normalidade, ata o penúltimo punto da orde do día, a dación de conta das resolucións, onde o portavoz municipal solicitoulle ao alcalde explicacións sobre algunhas das resolucións sobre facturas de servizos sen contratos, sobre o establecemento de diferentes baremos en iguais criterios nas bases de contratación de personal, sobre os complementos de productivividade á personal do concello que estivo de baixas, ou sobre as prohibicións impostas no campo do rollo entre outras. [+]
O alcalde levanta beirarrúas novas no Campo do Rollo
OSCAR INSUA, PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG: “A WIFI LEVA MESES SEN FUNCIONAR, É UN ESCÁNDALO”
Corcubión a 9 de Agosto do 2012. Estes días comezaron novas obras no campo do rollo, para a “mellora dun tramo do camiño Xacobeo” , obras que xa tiñan que estar feitas o ano pasado dado que foi ano santo. Aínda así, a sorpresa apareceu no inicio das obras, pois dispuxéronse a levantar unha beirarrúa de pedra feita hai pouco tempo e que non tiña necesidade de ser renovada. Para o BNG, o alcalde comete un auténtico despilfarro facendo este tipo de actuacións, pois non era necesario levantar unha beirarrúa nova, e menos nestes tempos de recortes, onde hai que xestionar con lupa os cartos públicos. O mesmo pasa coa rede wifi de Corcubión, que leva meses sen funcionar. Unha rede na que o alcalde leva gastado máis de 200.000€ do erario público, entre as obras e os contratos de mantemento, e que non está dando ningún servizo aos veciños e veciñas dende fai moito tempo. A páxina web municipal non está renovada e o servizo de administración electrónico non está en funcionamento, despois de que o alcalde gastara varios miles de euros en contratos menores o ano pasado. [+]
O alcalde négase a darnos copia do expediente de Correos
Corcubión 21 de Xullo do 2012. O 19 do pasado mes de xuño o grupo municipal do BNG solicitou copia do expediente de cesión de terreos a Correos e Telegrafos, así como a documentación relacionada co traslado das oficinas ao concello veciño de Cee. A secretaría- intervención nos comunicou aquel día que dese expediente só existía a acta do pleno celebrado nos anos 60, que constaba de dúas follas, máis a día de hoxe e despois dun mes, seguimos sen recibir copia desa acta do pleno, e sen saber os motivos polos que o alcalde se nega a darnos copia á que temos dereito. [+]
O BNG insta ao alcalde a modificar o baremo das axudas do comedor escolar
Corcubión 2 de Xullo do 2012. A final do presente curso escolar, o concello de Corcubión repartiu folletos informativos entre os pais, nais e titores do colexio “praia de Quenxe”, onde explicaban que ían recortar as axudas para o comedor escolar do vindeiro curso, dada a situación actual de crise económica. Así mesmo, informaban que o sistema de axudas mudaba, pero sen puntualizar que ían subvencionar á ANPA cun total de 24.000€, polo que na teoría, vai ser a propia ANPA quen xestione todo o comedor escolar. Cando decimos na teoría, é porque na práctica, foi o concello o que estableceu o baremo e os criterios nas bases das axudas, e o que vai recoller todas as solicitudes, sen que no concello exista expediente algún onde se aprobaran tales criterios ou tal subvención. [+]