Novas
Convocado o pleno extraordinario para pedir a demisión do alcalde de Corcubión
Oscar Insua tamén se referiu ás declaracións de Marisol Soneira sobre o BNG de Corcubión
Corcubión, a 26 de abril de 2013 O grupo municipal do BNG rexistrou esta semana a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para debatir a moción nacionalista pola que se insta ao alcalde á dimitir pola súa imputación na Operación Orquestra. A súa situación procesual provoca alarma social, desconfianza dos veciños e veciñas e dana a imaxe da institución municipal, ademáis se dimite poderase defender sen comprometer a xestión cotiá do noso concello. O pleno xa foi convocado e celebrarase o día 2 de maio ás 20.00 hs da tarde. [+]
O alcalde debe pagar do seu peto o seu avogado
“O despilfarro do alcalde non ten límites, non lle chega con pagar o seu avogado, senon que está a pagarlle tamén a outro empregado por estar na casa. Corcubión non merece ter un alcalde que se aproveita dos recursos públicos para satisfacer os seus caprichos e rencillas persoais contra empregados municipais."
Corcubión, a 10 de abril de 2013. No pasado pleno ordinario, na dación de contas da alcaldía, apareceu unha resolución do tenente-alcalde na que resolvía que o concello asumira os gastos derivados da representación e defensa do alcalde no xuízo xurdido pola demanda de acoso laboral dun empregado municipal. O importe da factura foi de 2.178€ a favor do seu avogado o Sr.Gutierrez Aranguren, e quedou condicionada ao resultado absolutorio do mesmo. Esta cantidade ten o concepto de dilixencias previas, polo que a factura final podería ser bastante superior [+]
O alcalde inicia o expediente para construir máis vivendas en Quenxe
Corcubión, a 11 de marzo de 2013. A inmobiliaria “Sicar” promove a urbanización e construcción de 30 vivendas na parcela de “galiña branca”, enriba da praia de Quenxe.
Hai uns días, o grupo municipal do BNG, acudiu ao concello a revisar o expediente para a aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da parcela coñecida como “galiña branca”, situada á beira da praia de Quenxe. O alcalde “convidounos excepcionalmente” a ver o expediente antes de aprobar por decreto de alcaldía o inicio da próxima desfeita urbanística, coa que queren construir agora 30 pisos e vivendas unifamiliares, dado que nun principio pretendían facer 50 cando a Xunta publicou o anteproxecto do planeamento para realizar o documento de referencia para a Avaliación Ambiental Estrátexica. Daquela o BNG de Corcubión fixo varias alegacións, que serviron polo menos para obligar a empresa promotora a realizar un informe de sostibilidade ambiental (ISA), que en breve terá que expoñerse ao público durante 2 meses. [+]
Corcubión perdeu o convenio de 100.000 € ca Deputación para rematar o Centro de Día
Corcubión, a 28 de xaneiro de 2013 A partida presupostaría de 100.000€ para rematar o centro de día de Corcubión, desapareceu dos orzamentos da Deputación para este ano 2013, o que supón á perda da financiación á que se comprometera no seu día o ente provincial coruñés, retrasando así os prazos da execución da obra. Para o BNG esta é a enésima afrenta da Deputación ao noso concello, que se ve perxudicado en detrimento dos concellos gobernados por alcaldes do Partido Popular, que saen beneficiados das arcas provinciais. [+]
O alcalde négase a darnos copia do expendiente da compra do terreno para o cemiterio
Corcubión 15 de Xaneiro do 2013 Hai un mes que o grupo municipal do BNG solicitou ao alcalde copia dos informes técnicos e xurídicos que serviron para que o concello comprara un terreno rústico de 6.000m² por valor de 36.000€ na costa da Amarelle. A día de hoxe non recibimos contestación, nin copia dos informes, o que nos impide poder facer un recurso administrativo contra a decisión do alcalde, pois os prazos rematan hoxe mesmo, dado que deron conta da resolución no pleno ordinario de novembro [+]