Corcubión perdeu o convenio de 100.000 € ca Deputación para rematar o Centro de Día

Corcubión, a 28 de xaneiro de 2013     A partida presupostaría de 100.000€ para rematar o centro de día de Corcubión, desapareceu dos orzamentos da Deputación para este ano 2013, o que supón á perda da financiación á que se comprometera no seu día o ente provincial coruñés, retrasando así os prazos da execución da obra. Para o BNG esta é a enésima afrenta da Deputación ao noso concello, que se ve perxudicado en detrimento dos concellos gobernados por alcaldes do Partido Popular, que saen beneficiados das arcas provinciais.

O grupo municipal nacionalista tamén quere denunciar a actitude  do Alcalde, Francisco J. Lema, máximo responsábel de chegar a esta situación, por non defender os intereses do concello como é debido, xa que son moitos os agravios que estamos a sufrir por parte das diferentes administracións públicas. Unha actitude pasiva e desganada que provoca a perda de axudas, ben por non reclamalas, como a do ministerio de vivenda para a praza Castelao ou a do mesmo centro de día, ou ben por non solicitalas, como as axudas de Agader á cal si se acolleron outros concellos da zona. O BNG de Corcubion insta ao alcalde a que se mova do sillón e reclame a inclusión deses 100.000€ na vindeira modificación de credito da Deputación da Coruña sen máis dilacións, para rematar o proxecto do centro de día.

O portavoz municipal, Oscar Insua manifestou que “F.J.Lema Fuentes non defende os intereses de Corcubión como debe, e non é de agora pois esto xa ven de atrás. Se non ten ganas de gobernar pode marchar, que ninguén o obriga a ser alcalde. Agora ben, si desexa continuar que se poña as pilas, porque os veciños e veciñas non merecen un alcalde pasivo que o único que fai é perder axudas das admnistracións públicas e meterse en pleitos cos traballadores”

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]