O alcalde négase a darnos copia do expendiente da compra do terreno para o cemiterio
Corcubión 15 de Xaneiro do 2013 Hai un mes que o grupo municipal do BNG solicitou ao alcalde copia dos informes técnicos e xurídicos que serviron para que o concello comprara un terreno rústico de 6.000m² por valor de 36.000€ na costa da Amarelle. A día de hoxe non recibimos contestación, nin copia dos informes, o que nos impide poder facer un recurso administrativo contra a decisión do alcalde, pois os prazos rematan hoxe mesmo, dado que deron conta da resolución no pleno ordinario de novembro. Para o grupo municipal do BNG, o alcalde segue coa mesma actitude oscurantista de sempre, negando copias dos informes e evitando o control e fiscalización do noso grupo, polo que entendemos que neste asunto algo debe esconder que non quere que saibamos nin nós nin os veciños de Corcubión. Non é a primeira vez que o alcalde nos nega copias dos expedientes, a pesar de que publicamente sempre o nega.
O portavoz municipal do BNG, Oscar Insua manifestou que “Estamos fartos de que o alcalde siga vacilándonos con actitudes despóticas, porque máis que un alcalde parece un tirano que fai e desfai ao seu antollo no concello, Non me extraña que a xente opine o que opine sobre os políticos con xente coma el gobenando”. O edil nacionalista engadiu que “cremos que o prezo do monte rústico a 6€ o metro cadrado é excesivo, ademáis non hai cartos nin axudas para facelo e desde logo o BNG non está por facer un cemiterio privado. O alcalde debería explicar moitas cousas que ninguén sabe, cuestións que se lle preguntaron nun pleno e non quixo contestar levantando a sesión”