O BNG propón facer a beirarrúa do cemiterio no POS 2013

Corcubión a 1 de decembro de 2012. O portavoz nacionalista, Oscar Insua manifestou que “fixemos esta proposta porque antes de arranxar outras beirarrúas que si teñen falla delo, pensamos que hai que facelas onde non existen. Este tramo enriba do cemiterio é moi necesario, tanto para canalizar a auga da chuvia, como por seguridade vial, xa que tamén é zona urbana”, Insua engadiu que “esperamos que o alcalde cumpla coa palabra dada na comisión pasada”

O grupo municipal do BNG propuxo na comisión celebrada esta semana, facer a beirarrúa na parte superior do cemiterio, dado que é o único tramo da travesía Corcubionesa onde non existe. A proposta fíxose despois de que varios veciños así o demandasen aos representates nacionalistas, xa que a auga que non está canalizada está afectando gravemente aos nichos pegados á parede. Hai que lembrar tamén que hai anos esa mesma auga foi a que derribou unha boa parte do muro do cemiterio. A proposta foi ben acollida na comisión, e o alcalde comprometeuse a estudar esa opción, para ben facela con cargo ao Plan provincial de obras do vindeior ano, ou ben para que sexa a Xunta a que a execute se ten competencia nesa zona.

O portavoz nacionalista, Oscar Insua manifestou que “fixemos esta proposta porque antes de arranxar outras beirarrúas que si teñen falla delo, pensamos que hai que facelas onde non existen. Este tramo enriba do cemiterio é moi necesario, tanto para canalizar a auga da chuvia, como por seguridade vial, xa que tamén é zona urbana”, Insua engadiu que “esperamos que o alcalde cumpla coa palabra dada na comisión pasada”

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]