O alcalde négase a darnos copia do expediente de Correos

Corcubión 21 de Xullo do 2012.     O 19 do pasado mes de xuño o grupo municipal do BNG solicitou copia do expediente de cesión de terreos a Correos e Telegrafos, así como a documentación relacionada co traslado das oficinas ao concello veciño de Cee. A secretaría- intervención nos comunicou aquel día que dese expediente só existía a acta do pleno celebrado nos anos 60, que constaba de dúas follas, máis a día de hoxe e despois dun mes, seguimos sen recibir copia desa acta do pleno, e sen saber os motivos polos que o alcalde se nega a darnos copia á que temos dereito.

A razón pola que queremos acceder a ese expediente é ben sinxela, pois todos sabemos que hai uns meses, abriuse unha oficina nova de Correos en Cee, trasladando parte da actividade e servizos que se ofrecían en Corcubión. O BNG quere saber as razóns polas que se fixo ese traslado e porque se comprou un local novo en Cee sen ter ningunha necesidade cando o de Corcubión pertence en propiedade a Correos e  nel ten espacio suficiente para seguir facendo esas actividades. Tamén queremos saber as xestións que fixo ou non fixo o alcalde para evitar este despilfafro de cartos por parte da empresa pública.

O portavoz municipal, Oscar Insua manifestou que “De novo o alcalde mostra actitudes propias doutras épocas, igual a feira medieval o confunde e pensa que sigue vivo o feudalismo. Non é normal que levemos esperando un mes por unha copia de dous folios”. O edil nacionalista, engadiu que “non é a primeira vez que o alcalde se esquece dos dereitos que temos como concelleiros, igual non quere que os veciños saiban das súas xestións neste asunto, e da súa responsabilidade na continua perda de servizos no noso concello”. Por último, Insua engadiu que “O BNG quere que os veciños saiban as razóns do que consideramos un auténtico despilfarro nas arcas públicas e quen son os responsabeis, nun momento no que a cidadanía está soportando a carga económica dunha crise financieira da que non é culpábel”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]