Xabier Paz defendeu a posición en contra da praia artificial do BNG
Corcubión 24 de Xaneiro do 2012. QUE NÓS VEÑAMOS HOXE AQUÍ CON ESTAS CAMISETAS NON É UNHA PANTOMIMA. CA QUE ESTÁ CAENDO E SIN UN PESO, RECORTANDO EN EDUCACIÓN, SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS A VERDADEIRA PANTOMIMA É A DO BOE QUE PUBLICA A DECISIÓN DUN GOBERNO EN FUNCIÓNS DE INVERTIR 1.100.000 € NUNHA PRAIA ARTIFICIAL EN CORCUBIÓN.
PRESENTAMOS ESTA MOCIÓN POR SI ALGUÉN SE VOLVE TOLO EN MADRID E DECIDEN TIRAR TODOS ESES CARTOS NESTA PRAIA ARTIFICIAL. HAI QUE SER PREVENIDOS. QUE SAIBAN QUE NON QUEREMOS ESTE ATENTADO ECOLÓXICO.
PRETENDEN FACER UNHA PRAIA ARTIFICIAL QUE VAI SER BORRADA NOS PRIMEIROS TEMPORAIS SIN TER EN CONTA A RIQUEZA DA RIA DE CORCUBIÓN QUE SE VERÁ AFECTADA GRAVEMENTE POR ESTE PROXECTO.
UNHA RIA QUE HAI QUE PROTEXER E COIDAR RESULTA QUE LLE TIRAMOS MAIS DE 10.000 CAMIONS DE AREA DE CAOLINS ENTERRANDO UNHA ZOA DE MARISQUEO DE 33.690 M2
Posicionamento dos grupos municipais do Concello a este proxecto :
- Dia 10/11/2.008: Dictame desfavorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Medio Ambiente e Obras: dous votos a favor do PSOE e tres en contra (dous do BNG e un do PP)
- Dia 12/11/2.008: Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local: Conformidade co proxecto por unanimidade dos catro membros do PSOE.
- Dia 13/11/2.008: Sesión Ordinaria do Pleno do Concello de Corcubión :
Votos a favor do proxecto: catro do PSOE. En contra do proxecto: cinco (catro do BNG e un do PP)
Algunas perlas do proxecto:
A praia a rexenerar en Corcubión está frente á “la Plaza de Abastos”. E resulta que esa praza non existe nin existiu nunca.
E resulta tamen chamativo que os autores deste proxecto, tanto no estudio como nos planos, denominen esta praia como “PLAYA DEL PINO”.
Sorprendente tamén é que iniciado o periodo de consultas polo Ministerio de Medio Ambiente, se pida opinión a organismos e entidades implicadas e na relación de organismos consultados se lle pida a opinión da “Subdelegación del Gobierno en Cadiz”. SURREALISTA. ¿Qué lle parece a Nova Praia de Corcubión?
O proxecto presentado oculta a riqueza productiva do banco marisqueiro e minimiza o impacto ambiental que vai orixinar esta obra nun estudio que non se realizou ou se falseou.
Según este proxecto o obxeto da construcción desta praia artificial é: “distribuir mejor a los bañistas a lo largo del litoral, reducir sus desplazamientos y favorecer las actividades económicas relacionadas con el turismo como alternativa a las actividades económicas tradicionales. (Páxina 8 do proxecto). COMO HAI OBERBUQUIN DE BAÑISTAS, HAI QUE DISTRIBUILOS
Según a lexislación vixente a evaluación das accións e dos factores ambientais para determinar os impactos ambientais ten que ser: completa, rigurosa a nivel técnico e veraz . Ningunha destas condicións se cumplen neste estudio (si é que se fixo, cousa que poñemos en dúbida).
Sin facer unha evaluación da productividade nin dos recursos marisqueiros, este “estudio” considera o impacto ambiental baixo, ainda recoñecendo que o efecto do vertido dará lugar á mortandade dos recursos marisqueiros por enterramento.
OUTRA MENTIRA: no proxecto dín que fixeron o estudo dos recursos marisqueiros con unha mariscadora local. Todas as mariscadoras negan que fixeran ningún muestreo e a Asistencia Técnica da Cofradía de Pescadores de Corcubión CERTIFICA QUE NINGUNHA MARISCADORA FIXO NINGUN MUESTREO NESTE BANCO MARISQUEIRO.
“No se ha encontrado ninguna especie que por su singularidad o valores biológicos-ecológicos necesite medidas de protección”. “Aunque aparecen algunos ejemplares de interés comercial como: almeja babosa, berberecho, almeja fina, reloj…, pero su número no permite evaluar la productividad y el recurso marisquero” (Páxina 16 do proxecto)
Que non se fixo o estudio o demostra a desfachatez das conclusións: No se aprecian impactos graves que deban ser estudiados con detalle por lo que la aplicación de buenas prácticas en la ejecución de los trabajos permiten minimizar los impactos negativos. ( Páxina 21 do proxecto) INCREIBLE. (É DECIR: NON É NECESARIO FACER NINGUN ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL, ¡BASTA CON TABALLAR BEN¡
O PLAN DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS E FLUVIAIS É PARA POÑER NUN MARCO: Un tubo de 50 mms. recolle as augas pluviais da casa de Ñica (nova notaría) pasa olímpicamente pola taxea do rio de enfrente da casa de Rosina para ir a unha arqueta na taxea que recolle a auga da fonte. De ahí sale outro tubo de 63 mms. hacia o muelle, pasa maxestuosamente pola taxea que está no medio do mirador Benigno Lago. Continúa pasando olímpicamente tamén da saída de augas fluviais e pluviais das escaleiras de Pachín para ir a desembocar ao final da rampla. 318 METROS DE TUBERÍA PARA NADA ¿ALGUÉN ENTENDE ALGO DESTE PLAN DE RECOLLIDA DE AUGAS FLUVIAIS E PLUVIAIS?
O informe da Dirección Xeral de Recursos Marinos da Xunta de Galicia referente a este estudio é o seguinte:
- O proxecto fai referencia a un estudio detallado da dinámica do litoral pero non aporta nin un só dato deste estudio.
- Non se valoran os efectos económicos do sector marisqueiro. Aseguran que farán unha actuación conxunta con unha mariscadora local.
- Consideran baixo o impacto sobre o marisqueo nunca zona que non estudiaron nin evaluaron.
- Non se aporta estudo da granulometría da area da praia.
- Non se sabe o volumen do dragado para o asentamento do espigón nin o que se vai facer con ese dragado.
- O Plan de vixiancia e seguimento é moi escaso, por non decir nulo.
- Esta Dirección Xeral de Recursos Mariños afirma que a area de Caolins non é adecuada para o cultivo do marisco.
- A Dirección Xeral de Recursos Mariños pregúntase si antes que facer unha praia artificial con area de Caolin, o que realmente necesita esta ria é un estudio integral de tódalas administracións implicadas para buscar unha solución tendente á mellora dos vertidos e seu saneamento. Conclusión do informe: Os impactos son graves e irreversibles. (Esto o dí a Dirección Xeral de Recursos Mariños da Xunta de Galicia)
¿Qué sentido ten, ademáis de arruinar a riqueza da ria, enterrar 1.100.000 € con area de Caolins?
ADEMÁIS: DADO OS ELEVADOS ÍNDICES DE CONTAMINACIÓN POR “HAP” HIDROCARBUROS AROMÁTICOS POLIVALENTES PODERÍASE SUPOÑER QUE A CALIFICACIÓN DA PRAIA SEXA DE “CALIDADE INSUFICIENTE” POLO QUE HABERÍA QUE TOMAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA EVITAR A EXPOSICIÓN DOS BAÑISTAS. É DECIR POÑER LETREIROS DE “PROHIBIDO BAÑARSE”.
CO AGRAVANTE DE QUE NON EXISTE UN PLAN DESTINADO A SANEAR A RIA DE CORCUBIÓN, NIN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA NIN POLO GOBERNO CENTRAL.
Non queremos esta praia artificial. Non queremos este areal de caolin. Non queremos o enterramento directo e irreversible da riqueza marisqueira da ria. NON queremos esta agresión á ría.
SI queremos o saneamento da ria. Si queremos súa recuperación.
Queremos que estes cartos (SI É QUE EXISTEN) se invirtan na eliminación dos focos contaminantes e na recuperación do ecosistema mariño da ria.


