OBNG solicita un pleno extraordinario para rechazar o proxecto da praia artificial do alcalde

 

Corcubión, a 14 de decembro de 2011.      Hoxe o grupo municipal do BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar unha moción que rechaza de novo a execución do proxecto para facer unha praia artificial no malecón de Corcubión. O pasado día 3 de decembro a Dirección Xeral de sustentabilidade da costa e do mar publicaba a aprobación definitiva do proxecto, unha publicación que demostra a nocturnidade coa que actuou o alcalde cando dicía que o proxecto estaba paralizado. Ese mesmo oscurantismo do alcade contaxiouse a algún cargo do psoe, pois no mes de outubro licitaron o suministro de area e o seu transporte á Corcubión, cando o proxecto aprobado aínda estaba sen publicar no BOE. 

Esta actitude do PSOE, de falta de transparencia, de facer trámites ás agochadas, e de empeñarse en facer un proxecto que non conta co respaldo maioritario do pobo de Corcubión, terá unha resposta no pleno extraordinario que hoxe foi solicitado polo BNG. Así mesmo, na moción que se eleva ao pleno, ademáis de rechazar o proxecto en si, solicitase que se anule a licitación do proxecto, que se envista ese millón de euros no saneamento da ría , e que se dé conta dos acordos ao ministerio e a dirección xeral de sustentabilidade.

O portavoz municipal Oscar Insua, declarou que “parece que o alcalde non se da por enterado de que o pobo non quere ese proxecto, e para lembrarllo acabamos de solicitar un pleno extraordinario no que pretendemos rechazar de novo no máximo organo de decisión do concello esa praia artificial”. Insua tamén engadiu que “coa que está caendo, con tantos recortes aquí e acolá, facer esa praia artificial con area da canteira de caolín é tirar cos cartos nos fociños dos veciños, unha auténtica burla, namentres se recortan partidas en sanidade e educación”. 
 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]