Oficina Municipal Nacional

A Oficina Municipal Nacional está baixo a responsabilidade técnica de Xabier Abalo Costa e a súa administración está encomendada a María Luz da Igrexa Prego. Conta, ademais, con dous colaboradores para reforzar a xestión administrativa: Xesús Méndez Rodríguez, para Lugo e Ourense; e Manuel Rodríguez Doval, para A Coruña e Pontevedra.

FUNCIÓNS DA OFICINA MUNICIPAL NACIONAL

Encárgase da execución dos acordos dos órganos do BNG en relación coa política municipal e do control da súa homologación a nivel nacional no seo dos diferentes grupos municipais.
Ofrece asesoramento técnico aos grupos municipais, que realiza co concurso do Gabinete de Estudos Técnicos do BNG, coas Comisións do Consello Nacional, Grupo Parlamentar, entidades e colaboradores/as; e tamén asesoramento político, coordinado coa Secretaría de Organización.

No ámbito da comunicación, elabora diariamente un dossier da prensa dixital de carácter municipal local. Estabelece un control da homoxeneización dos criterios políticos empregados polos grupos municipais e orientacións diante de problemáticas concretas. Analiza as fórmulas de comunicación e dos boletíns ou follas informativas, xunto coa Secretaría de Comunicación. Ademais, encárgase da transmisión aos/ás portavoces municipais, responsábeis comarcais e responsábeis de acción municipal nas comarcas da información considerada necesaria para o exercicio da acción política nos concellos, como son:

Elabora mocións, posicións e argumentarios nacionais, así como de resposta a mocións doutros grupos presentadas nos concellos do país.

Recolle a demanda de xornadas de formación política ou técnica no ámbito municipal.

Mantén actualizada a Base Nacional de Datos de concelleiros e concelleiras do BNG, ademais de responder a consultas e informes que se derivan do seu uso e servizo para facilitar contactos internos e externos cos concelleiros e concelleiras.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]